Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica fará máis accesible a Casa do Concello

Malpica fará máis accesible a Casa do Concello
Casa_do_concello_de_Malpica

Mellorar a accesibilidade das oficinas municipais e, en consecuencia, achegar a casa do pobo ao servizo á cidadanía, é a finalidade do “Proxecto de reforma interior da Casa do Concello”. Así, as obras que vén de asinar o alcalde son a primeira fase dos traballos previsto, e que contempla un contrato coa empresa Alejandro Martínez e Hijos, que executará cun investimento de 46.355,68 euros cun prazo de execución de dous meses.

A primeria fase inclúe a reforma integral do espazo ocupado pola Policía Local e a antiga biblioteca para situar nel as oficinas xerais, que agora están situadas no primeiro andar. “Queremos mellorar a accesibilidade para que calquera persoa poida acudir ás oficinas municipais”, sinala Eduardo Parga.

Comentarios