Martes. 19.03.2024
El tiempo

Malpica inviste máis de 100.000 euros na mellora dos camiños municipais

Malpica inviste máis de 100.000 euros na mellora dos camiños municipais
malpica-contrato-obras-caminos A encargada de facer as obras será a empresa de construcción Dámaso Ferreiro e Hijos S.L.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinou martes coa empresa Construcciones Dámaso Ferreiro e Hijos S.L. o contrato para a execución das obras de mellora dos camiños de Santirso e Camarada, que serán financiadas con cargo ao plan Agader 2018-19. A empresa adxudicataria realizou a mellor oferta económica, o que sitúa o investimento en 41.506,32 euros, e ademais reduciu considerablemente o prazo de execución das obras, que quedou establecido en 19 días.

Esta nova actuación vén a sumarse aos 64.010,38 euros que están a investirse nos camiños da Petada, A Carballeira e Limiñoa, incluídos no Plan Agader 2017-18. O contrato asinouse hai pouco máis dun mes, cun prazo de execución de 75 días.

Fonte

Comentarios