Martes. 23.04.2024
El tiempo

Malpica organiza un obradoiro de cinema para mulleres adultas

Malpica organiza un obradoiro de cinema para mulleres adultas
A próxima semana estarán en Malpica as creadoras do proxecto A Nena Azul:Mulleres que contan. Narrativas femininas do eu a través da cámara para impartir un obradoiro de cinema dirixido a mulleres adultas, aberto tanto a mulleres de Malpica coma de calquera outro concello. Na iniciativa, que conta coa colaboración da concellería de Servizos Sociais e Igualdade, as participantes aprenderán a contar as súas propias historias a través do cinema, utilizando ferramentas tan accesibles coma unha tablet ou un teléfono móbil. O obradoiro desenvolverase do 18 ao 22 de xuño, e o equipo docente estará formado pola directora Sandra Sánchez, a guionista e directora Ángeles Huerta e a directora de fotografía Lucía C. Pan. Ao longo destas cinco sesións, que se celebrarán de 16.00 a 20.00 horas, as alumnas coñecerán cada un dos procesos de creación dunha película, e, dun xeito práctico, aprenderán a darlle forma ás súas propias ideas, trasladando a imaxes e sons as súas propias historias. Durante o obradoiro, realizarán unha peza audiovisual conxunta. As persoas que queiran participar poden inscribirse ata o xoves 14 no departamento de Servizos Sociais (981 720 280). O proxecto "A Nena Azul: Mulleres que contan. Narrativas femininas do eu a través da cámara" foi galardonado co premio Luisa Villalta de Proxectos Culturais pola igualdade que otorga a Deputación de A Coruña. Pola súa banda, as docentes teñen relevantes traxectorias profesionales no ámbito cinematográfico galego, con traballos como Tralas luces, Esquece Monelos ou Dhogs. Ademais de ser as únicas mulleres que conseguiron ser recoñecidas co premio Mestre Mateo nas categorías de mellor dirección, para Sandra Sánchez, e mellor dirección de fotografía, para Lucía C. Pan. Cursos de surf Por outra parte, a praia Area Maior de Malpica acolle os dís 27, 28 e 29 xuño un curso de surf dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos que sepan nadar. O curso ten un custe de 20€ para empadroados e 30 para o resto. Hai un total de 50 prazas e o periodo de inscricións é do 22 ao 26 de xuño. Esta é unha actividade organizada por SilFoo coa colaboración do concello de Malpica.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios