Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica participa na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia

Malpica participa na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia
O encontro, no que pode participar toda a cidadania, tera lugar hoxe as 18 30 horas na casa do Oleiro de Buno O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, terá lugar hoxe as 18:30 horas na casa do Oleiro de Buño A semana pasada foron os veciños de Zas os que participaron na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia e esta semana serán os de Malpica os que sinalen os lugares do municipio que, ao seu parecer, merecen unha protección especial. Así, a consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, está levando a cabo un proceso para fomentar a participación pública na definición de paisaxes que merecen unha protección especial e tamén para establecer que medidas se deben tomar. Nese contexto, o concelleiro de Urbanismo de Malpica, Iago Espasandín, informou de que hoxe se celebrará na Casa do Oleiro de Buño un obradoiro no que se explicará o funcionamento do programa habilitado pola consellería para que toda a poboación poida participar nese proceso. As persoas e/ou entidades interesadas poden achegarse á aula de informática da Casa do Oleiro ás 18.30 horas. A entrada é libre. A Xunta ten habilitado un portal de Internet dentro do programa de promoción da participación pública na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia, previsto dentro do convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da propia Xunta e o Laboratorio do Territorio do GI Terriorio e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela. A través deste portal calquera persoa poche achegar os seus obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa valoración da paisaxe e das posibles medidas de protección, xestión e ordenación da mesma.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios