Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica pon en marcha as súas escolas deportivas

Malpica pon en marcha as súas escolas deportivas
O concello de Malpica xa ten en marcha a súa oferta deportiva dirixida aos máis novos. Ao longo dos próximos meses, os máis novos poderán realizar distintos tipos de deportes tales como o atletismo, balonman, patinaxe, fútbol, baile moderno, ximnasia ritma e deportes de raqueta. Todos eles desenvolveranse a partir do 15 de outubro, en distintos horarios, no pavillón polideportivo municipal e para que se leven a cabo deberá de haber un mínimo de dez inscritos. Ademais, en colaboración co CEIP Joaquín R. Otero o concello malpicán ampliará as actividades deportivas que se realizarán nas instalacións do propio centro educativo. Os/as interesados/as en asistir ás Escolas Deportivas Municipais de Malpica poderán inscribirse na oficina de rexistro do concello (en horario de 09:00 a 14:00 horas) ou por vía telemática na sede electrónica do concello de Malpica ata as 14:00 horas do vindeiro 24 de outubro. Ademais, poden ampliar información no 981 72 00 02 ou no enderezo electrónico [email protected]. Fonte      

Comentarios