Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica pon en marcha as Tardes na Biblioteca

Malpica pon en marcha as Tardes na Biblioteca
Este venres arrancan na biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica o programa "Tardes na Biblioteca"; unha iniciativa da concellería de Educación e Cultura de Malpica para encher de actividades lúdicas, creativas e educativas as tardes de outono dos nenos e nenas de 3 a 12 anos. Durante catro semanas consecutivas, a biblioteca situada no segundo andar do Centro Cívico, converterase no escenario de diferentes espectáculos. O primeiro deles será este venres ás 18:00 hoas con "María e os ollos alabarados" (María Victoria Moreno-Letras Galegas 2018) de Xarope Tulú (Urdime). Este é un espectáculo para tódolos públicos a partir da obra de María Victoria Moreno na que a través de diversos fragmentos e relatos da súa obra (Mar adiante, Pan con chocolate, Querida avoa, Leonardo e os fontaneiros ou Eu conto, ti cantas) os espectadores percorrerán o universo da autora: a importancia dos afectos no ámbito educativo, o respecto á natureza ou o amor polos animais. O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 10 anos e terá unha duración de 50 minutos. A seguinte cita é o venres 5 de outubro con "Camiños" de Magín Blanco. (Urdime). "Camiños" é un espectáculo musical de formato individual no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as, guiando esta interpretación con contos, adiviñas e moitas sorpresas. "Camiños" é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos/as. O público preferente son nenos/as de 4 a 12 anos e terá unha duración de 50 minutos. Xa o xoves 11 de outubro, tamén ás 18:00 horas, chegará Titoán Banda Deseñada da colección Castelao de Inacio Vilariño-Fantoches Baj (Urdime). Neste espectáculo utilízase a narración oral e a música para contar as aventuras de Castelao na mocidade e cun vídeo proxector farase unha lectura dramatizada dunha secuencia de viñetas da banda deseñada na que o público tamén poderá participar. O espectáculo está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e ten unha duración 50 minutos. A derradeira cita é o venres 19 de outubro, tamén ás 18:00 hora con "Ultralimento", que viaxa ás bibliotecas para compartir o seu superpoder. Nenas e nenos coñecerán o verdadeiro poder do alimento!!! No carro leva ás súas amig@s, as caixaspalets, as peixecaixas, e moitos máis. Benvidas e Benvidos tod@s el@s porque xunto@s partirán nunha viaxe trepidante na procura da saúde pola Galicia adiante. Está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e durará 50 minutos. Fonte

Comentarios