Venres. 29.03.2024
El tiempo

Malpica recorda a primeira víctima mortal de ETA

Malpica recorda a primeira víctima mortal de ETA
Malpica-memoria-Pardines Varias autoridades participaron tanto na ofrenda floral como na inauguración do monolito ubicado na praza do Concello Xusto 50 anos despois do seu asasinato, Malpica acolleu hoxe os actos en memoria do guardia civil José Antonio Pardines Arcay, primeira vítima mortal da banda terrorista ETA e natural de Malpica. Tanto na ofrenda floral realizada no cemiterio malpicán como no posterior acto de inauguración dun monolito na súa memoria na praza do Concello estiveron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o alcalde da localidade, Eduardo Parga; o presidente da Asociación Pro Guardia Civil (APROGC), Fernando Trejo Ramírez; o irmán do guardia civil, Manuel Pardines, familiares e numerosos amigos e veciños, ademáis dunha ampla representación de membros da Benemérita. “Hoxe é un día para o recordo. Un día triste e chuvioso para lembrar a memoria deste garda civil veciño de Malpica, que quedará para sempre patente neste monolito de pedra, pero tamén para lembrar a todas e cada unhas das 853 vidas que durante cinco décadas se cobrou a barbarie e o sinsentido de ETA”, afirmou o presidente da Deputación da Coruña no seu discurso. “Fronte aos que quixeron impor con pistolas as súas ideas, a unidade dos demócratas foi a clave fundamental para derrotar ao terrorismo en España. Despois de cinco décadas, gañou a democracia” sostivo González Formoso, que apuntou que “o mellor que podemos facer polas vítimas é defender a verdade e transmitila ás novas xeracións para que aquelas páxinas negras da historia deste país non se terxivesen, non olviden e non volvan a repetirse nunca máis”, concluíu. Novas relacionadas Fonte

Comentarios