Venres. 19.04.2024
El tiempo

Malpica recuperou do "ostracismo" a figura de Pardines, a primeira vítima de ETA, cunha rendida homenaxe

Malpica recuperou do "ostracismo" a figura de Pardines, a primeira vítima de ETA, cunha rendida homenaxe
Homenaxe a Pardines en Malpica Homenaxe a Pardines en Malpica Multitudinaria e tremendamente emotiva homenaxe a que se vivíu este pasado domingo a vila de Malpica. Celebrábanse, despois da inauguración do monolito da semana pasada, os 50 aniversario do falecemento, en atentado terrorista do Garda Civil, José Pardines Arcay, primeira vítima mortal de ETA. O axente tiña 25 anos cando sucedeo o atentando na localidade guispuscoana de Aduna, e era orixinario de Malpica de Bergantiños, onde está soterrado. Moita xente achegouse ao centro de Malpica para a homenaxe Os actos serven para rescatar do esquecemento e do ”ostracismo", como dixo o seu irmán Manuel, á figura de Pardines, e para que recibise, por fin, a homenaxe que merecía. A homenaxe arricanba ás 12:00h cunha visita a exposición sobre o atentado que está aberta no Centro Cívico. A continuación oficiouse unha misa na igrexa parroquial de San Xulián. E despois do oficio relixioso tivo lugar o acto solemne de homenaxe, que contou cunha ampla representación militar, institucional e política, cunha ofrenda floral na rúa que leva o nome do homenaxeado pechou a emotiva xornada. Exposicion sobre Pardines no Centro Civico de Malpica Exposicion sobre Pardines no Centro Civico de Malpica Ofrenda floral na rúa malpicá que leva o nome de Pardines Ofrenda floral na rúa malpicá que leva o nome de Pardines Soaron as simbólicas trompetas, os “Viva España”, “Viva el Rey” e “Viva la Guarda Civil”, e tamén tomaron a palabra o coronel Francisco Javier Jambrina, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña; o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e o subdelegado do Goberno. https://www.facebook.com/concellodemalpica/videos/1803825506307550/?t=2

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/malpica-recorda-a-primeira-victima-mortal-de-eta/ https://quepasanacosta.gal/malpica-acollera-a-presentacion-do-libro-sobre-o-garda-civil-malpican-asasinado-por-eta/

Comentarios