Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Malpica solicita que a Xunta realice obras no Centro de Saúde e que asuma a sua xestión

Malpica solicita que a Xunta realice obras no Centro de Saúde e que asuma a sua xestión
Centro de Saude de Malpica Centro de Saude de Malpica

Despois da reunión mantida entre o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, Malpica pode asegurar que en breve se levarán a cabo obras de mellora no Centro de Saúde de Malpica. O edificio presenta algunhas necesidades derivadas, fundamentalmente, da antigüidade da construción.

Dado que se trata dun inmoble de titularidade municipal, a Consellería de Sanidade estudará as actuacións precisas e abordará súa execución a través dun convenio de colaboración co propio Concello de Malpica.

Eduardo Parga aproveitou a xuntanza para propoñer tamén o traspaso do centro de saúde á Xunta de Galicia, que no concello xa xestiona directamente o de Buño. Deste xeito, o Sergas asumiría a xestión e o mantemento do centro de saúde de Malpica, que agora recaen no Concello.

20180322 Alcalde Malpica Reunión do Alcalde Malpica co Conselleiro de Sanidade

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios