Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Malpica súmase aos actos contra a violencia de xénero

Malpica súmase aos actos contra a violencia de xénero
malpica-conta-violencia-xenero O centro cívico de Malpica acolle durante estes días a exposición fotográfica "Por elas, por nós" Como nestes últimos anos,  o concello de Malpica puxo en marcha unha serie de actividades con fin de traballar na erradicación da violencia de xénero. Os veciños e veciñas son os principais protagonistas destas actividades, tal e como o demostran o lipdub contra a violencia de xénero e a exposición fotográfica “Por elas, por nós” son dous claros exemplos, que este ano queren volver a amosalos. Este ano trae como novidade o o calendario de Malpica Igualdade para o ano 2018, do que se distribuirán 2.500 exemplares. “O concello -manifestou o alcalde, Eduardo Parga- non dedica tan só un día ao ano a reclamar, pedir e loitar pola erradicación da lacra social que é a violencia de xénero; o equipo de goberno está moi sensibilizado con este problema e traballa contra el no día a día. A mostra é que hai un convenio firmado co Centro de Información á Muller de Carballo, outro co Punto de Información á Muller Rural creado pola asociación Íntegro, e tamén contamos coa colaboración inestimable da Garda Civil para por en funcionamento un protocolo de actuación con celeridade cando recibimos unha denuncia por malos tratos. Debo resaltar que o noso municipio ten un índice moi baixo de denuncias, e que en todas elas se actuou coa maior celeridade posible e se lle brindou á vítima todo o apoio ao noso alcance”. Tanto o alcalde como a concelleira insistiron na necesidade de promover desde a casa, a escola e a sociedade unha educación en igualdade, pero tamén animaron a denunciar a violencia machista non só ás vítimas, senón tamén á cidadanía, “porque non podemos ser cómplices dos maltratadores co noso silencio”, apuntou Eduardo Parga. O acto celebrado no Centro Cívico incluíu tamén unha pequena lembranza de Paco Souto, veciño e concelleiro falecido este ano, que foi un dos participantes na campaña “Por elas, por nós”. O concello de Malpica quixo lembralo coa proxección do vídeo dunha canción que lle gustaba moito, e na que se fala, precisamente, do papel que cumpre a muller na sociedade. Unha visita á exposición, que poderá verse tamén nos vindeiros días na sala circular do Fondo Lugrís, completou o acto.

Actividades neste 2017 polo #25N

Novas relacionadas Fonte

Comentarios