Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Malpica tamén se une ao programa de Compostaxe Doméstica

Composteiros caseiros de Carballo
Así son os composteiros caseiros
Malpica tamén se une ao programa de Compostaxe Doméstica

Cada vez son máis os Concellos que se unen ao Programa de Compostaxe Doméstica. Un programa en colaboración con Sogama para promover a autoxestión dos refugallos orgánicos, converténdoos en abono co que fertilizar hortas, xardíns e terras de cultivo..

Calquera veciño ou veciña de Malpica que teña interese en sumarse ó programa deberá cubrir o formulario correspondente ao que pode acceder en www.concellomalpica.com e remitilo ás oficinas do Concello mediante o enderezo [email protected]. Tamén se atenden solicitudes no teléfono 981 72 00 01.
O único requisito é dispoñer dunha vivenda unifamiliar con horta ou xardín. Unha vez aceptada a inscrición, farase entrega dun composteiro e impartirase unha pequena formación sobre o proceso.

Novas relacionadas

Comentarios