Xoves. 25.04.2024
El tiempo

En marcha o proxecto da senda peonil para acceder aos areais de Barizo, Esteiro e Seiruga

Walter Pardo na Deputacion
Walter Pardo na Deputación
En marcha o proxecto da senda peonil para acceder aos areais de Barizo, Esteiro e Seiruga

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Malpica, Walter Pardo, reuníronse esta mañá no pazo provincial para abordar a cuestión do proxecto de construción da senda peonil na estrada que dá acceso aos areais de Barizo, Esteiro e Seiruga, a DP-4306, que xa se atopa en fase de redacción.

Este espazo carece, actualmente, desta infraestrutura, que se antolla indispensable xa que empregan a estrada a diario moitos peóns e automóbiles, sobre todo de cara a tempada estival, xa que permite o acceso a tres dos areais máis concorridos do municipio.

Comentarios