Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina

Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina
Lolo Andrade falou da avespa velutina en Malpica Lolo Andrade falou da avespa velutina en Malpica

Foi Lolo Andrade, técnico de protección civil na loita contra a velutina e un dos meirandes especialistas na materia de Galicia, o encargado de levar a problemática que esta especie invasora, a medio centenar de veciños que se achegaron o pasado venres ao Centro Comarcal de Buño.

Lolo Andrade describiu con todo tipo de detalles as características da vespa asiática, os métodos para combatela por parte de servizos profesionais que, como o de Protección Civil de Malpica, se encargan da eliminación dos niños, e os sistemas que pode utilizar calquera persoa a título individual para axudar na loita contra a propagación da especie.

Envellecemento activo

Por outra banda, vén de rematar o programa de envellecemento activo municipal cunha xornada de clausura que foi unha auténtica festa. Diplomas, merenda e ata baile con música en directo serviron para que as 50 persoas de máis de 60 anos despedisen un programa que a empresa Máis Porvir armou durante o último mes. Todos os participantes coincidiron na convenencia de darlle continuidade.

Envellecemento activo en Malpica

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios