Venres. 29.03.2024
El tiempo

Menudo entroido o Malpicán

Menudo entroido o Malpicán
Programa Entroido de Malpica 2016 2

Sen dúbida, un dos entroidos máis potentes da Costa da Morte é o de Malpica. Ca raíña do Entroido, a Mikaela, por bandeira, as vilas malpicáns convírtense nun dos epicentros festexeiros da comarca de Bergantiños. Este 2016, do 5 ó 14 de febreiro non haberá parada:

Un Entroido no que participan todos pois ademais do Concello de Malpica, as entidades sociais teñen moito que dicir: Asociación Cultural Malante, ANPA Ventorrillo, ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación Cultural Carcaxía, A.C.D. San Xulián, A.V. C. S. O Brizo, Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Amigos da Mikaela, A. VV. de Leiloio e pubs de Malpica.

Programa Entroido de Malpica 2016 2   Venres día 5 de febreiro (Venres de Entroido) En Malpica • Pasarrúas do CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.30 h. • Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Cestas de lacóns e chourizos para os mellores disfraces. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores, nos que se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan os pubs Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma e Don Paco.   Sábado día 6 de febreiro (Sábado de Entroido) En Seaia • Festa de Disfraces Infantil con inchables a partir das 16.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Colabora: A. C. Carcaxía. En Leiloio • Festa infantil con inchables a partir das 16.30 h. na Casa dos Veciños de Leiloio. Colabora: Asociación de Veciños de Leiloio. • Desfile de disfraces infantil e de adultos a partir das 20.30 h. seguido do Concurso de Doces para rematar con actuación dun Dj. Organiza: Asociación de Veciños de Leiloio. En Malpica • Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Premios en metálico para os mellores disfraces: 1º Premio 250,00 €, 2º Premio 150,00 € e 3º Premio 100,00 €. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan Pubs Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio, Prisma e Don Paco.   Domingo día 7 de febreiro En Malpica • Desfile de Disfraces Infantil, Percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 17.30 h. e rematando na Praza Villar Amigo. Organiza: Asociación Cultural Malante. • Actuación da Charanga Os Celtas polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas. • Nos pubs da vila daranse Orellas do pincho e outros doces do Entroido a partir das 17.00 h. Organizan pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio, Prisma e Don Paco. • Concurso de Comparsas do Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Cestas de Entroido para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.30 horas na Praza Villar Amigo. • Concurso de Piñatas do Entroido na Praza Villar Amigo a partir das 18.30 horas. Entrega de Premios ás 19.00 horas. Colaboran: A. C. Malante, Asoc. Profesional de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo. • Baile Social de Disfraces de Maiores e Concurso de disfraces para maiores das 20.00 h. ás 23.00 h no Auditorio do Centro Cívico amenizado con música en directo do Trío Nuevo Siglo.   Luns 8 de febreiro (Luns de Entroido) En Buño • Festa de Disfraces Infantil con inchables, e chocolatada das 16.00 h. ás 19.30 h. no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Premios ós mellores disfraces. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.   Martes 9 de febreiro (Martes de Entroido) En Malpica • Festa de Disfraces Infantil con inchables (rapaces/as ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00 horas. Colabora: ANPA Ventorrillo. • Concurso Gastronómico de Doces do Entroido, a partir das 16.00 h., no Pavillón Polideportivo de Malpica. Fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo. Inscrición: No Departamento de Educación e Cultura ou en calquera das entidades colaboradoras.   Sábado 13 de febreiro (Sábado de Piñata) En Buño • A Mikaela sairá ás 16.00 horas do Restaurante Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. Ás 22.00 h. queima da Mikaela e a partir das 23.00 h. actuación da orquestra LOS PLAYERS e remate de festa co gran DJ CDC, no aparcamento do Restaurante Casa Elias. Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela.   Domingo 14 de febreiro (Domingo de Piñata) En Cerqueda • Percorrido dos Madamitos e Ghuardineros pola parroquia acompañados por unha comitiva de Antroido. Saída ás 15.00 h. itinerario: Os Resios, O Ceán, Folgueira, As cortes, Cerqueda, Leduzo e as Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas. En Vilanova • Festa de Disfraces Infantil e degustación de doces do Entroido a partir das 16.00 h. na Escola Unitaria de Beo. Colabora: A.V.C. S. O Brizo. En Seaia • Cocido do Farruco e Faustino, para todos/as os/as participantes no Enterro do Farruco e o Faustino imprescindible asistir disfrazado. No Restaurante Esqueiro a partir das 15.00 h. Inscricións no propio restaurante ou no Super MM até o xoves 11 de febreiro. Prezo: 15.00 € adultos e 10 euros os nenos. Organiza: A.C.D. San Xulian. • Actuación da Charanga Ruada polas rúas de Seaia, a partir das 16.30 horas. • Enterro do Farruco, sairá en procesión ás 16.30 horas do Restaurante O Esqueiro percorrendo as rúas de Seaia. Xuntarase co seu curmán o Faustino no Centro Cívico e o acompañará ata o porto. Organiza: A.C.D. San Xulián. En Malpica • Actuación da Charanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas. • Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios