Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Monte d’Arxa quere recuperar o Castro da Croa

Monte d’Arxa quere recuperar o Castro da Croa

A Asociación de Veciños Monte d’Arxa está promovendo, xunto co Concello de Malpica de Bergantiños, que se realice un desbroce do xacemento arqueolóxico do Castro da Croa, situado no lugar de Aldeola e que é un dos castros existentes na parroquia. O obxectivo desta acción patrimonial é poñer en valor or recursos arqueolóxicos da parroquia de Cerqueda.

Información sobre o proxecto do Campo da Festa

Avelino Queiro, presidente da Asociacion de Veciños Monte d’Arxa de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) ten convocados a todos os colectivos sociais e culturais desta parroquia malpicá para expoñerlles publicamente o actual proxecto de construción do campo da festa. Para iso, Monte d’Arxa convocou a estes colectivos para mañá venres as 9 e media da noite na Axencia de Lectura de Aldeola.

No transcurso desta reunión informativa todos os colectivos poderán observar os cambios solicitados hai meses e verán como o primitivo proxecto de área recreativa se converteu nun espacio funcional para todo tipo de celebración de eventos multitudinarios así como lugar de aparcamento durante as celebracións relixiosas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé Manuel Varela Varela, Secretario da A.VV. Monte d’Arxa.

Comentarios