Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un motorista ferido tras un accidente en Malpica

Accidente en Malpica dun motorista 2
Un motorista ferido tras un accidente en Malpica

Este mediodía de luns tivo lugar un novo accidente de moto. Aconteceu por Filgueira, na estrada que une Carballo e Malpica, a altura do restaurante A Roda, preto do camping das Sisargas.

Unha moto impactaba cun coche, no lado esquerdo pero na parte traseira, e o motorista saía despedido, tendo que ser trasladado polo 061 ao hospital da Coruña.
Ao lugar tamén acodiron os membros do GES de Ponteceso e Tráfico.

Accidente en Malpica dun motorista

Comentarios