Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Novos investimentos en Malpica

Novos investimentos en Malpica
O Lugar da Pontella Malpica xa ten nova rede de sumidoiros O lugar da Pontella Malpica O alcalde de Malpica ven de xestionar coa Xunta un investimento de case 90.000 euros en obras hidráulicas. Eduardo Parga Veiga, obtiña da Xunta de Galicia un investimento en obras a partir de dous fondos claramente definidos. Por unha banda, mediante un convenio de colaboración coa empresa pública Augas de Galicia, o Concello de Malpica acometerá a renovación de bombas na estación de tratamento de auga potable (ETAP) cun investimento de 57.995 euros. A actuación, que correra da man da empresa Espina Obras Hidráulicas SL, permitirá a instalación de tres bombas novas na ETAP de Ponte Berrón, informa o alcalde. O outro proxecto consistirá na, adxudicado á empresa Construcciones López Cao SL. Neste caso, a intervención realizarase mediante un convenio entre o Concello de Malpica e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio cun orzamento de 30.955,61 euros.

Comentarios