Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para o novo programa de envellecemento activo en Malpica

Aberto o prazo de inscrición para o novo programa de envellecemento activo en Malpica
Envellecemento activo en Malpica Imaxe do peche do programa de envellecemento activo do curso pasado

Hoxe, 9 de maio, abríu o prazo de inscrición, e ata o 14, os malpicáns maiores de 60 anos pódense apuntar ao novo rograma de envellecemento activo, unha alternativa lúdica, dinámica e formativa dirixida ás persoas maiores.

Son actividades para previr o deterioro cognitivo a través de exercicios prácticos, favorecendo así a autonomía persoal; ofrecer estratexias para un envellecemento feliz, para a mellora das relacións persoais e sociais de xeito que se optimicen as relacións das persoas participantes no obradoiro co seu entorno; aprender novas formas de comunicación e participación a través das TIC’s, previr o deterioro físico e ensinar unha serie de exercicios sinxelos para o mantemento físico que as persoas participantes poidan reproducir con facilidade no seu fogar, realizar pequenos traballos manuais cos que estimular e mellorar a coordinación motora fina, fomentar o consumo saudable ou dar a coñecer os beneficios da lectura para manter a mente activa.

As actividades desenvolveranse desde o 15 de maio ata o 21 de xuño todos os martes e xoves, na Casa do Oleiro de Buño de 16.00 a 18.00 horas e no Centro Cívico de Malpica de 18.15 a 20.15. As persoas participantes traballarán a estimulación cognitiva e a psicomotricidade a través de actividades coma musicoterapia, pilates, xogos de palabras, sendeirismo, decoración de vidro, xogos ao aire libre ou termalismo, que é unha das propostas que goza de maior aceptación. O programa rematará cunha festa de clausura e a entrega de diplomas.

Os/as interesados/as poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais (Centro Cívico) ou chamar ao número de teléfono 981 720 280.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios