Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CEIP Milladoiro recibe outro Premio por Pintar Moito

O CEIP Milladoiro recibe outro Premio por Pintar Moito
Nenos e nenas do CEIP MIlladoiro de Malpica Pintando Moito un mural Nenos e nenas do CEIP MIlladoiro de Malpica Pintando Moito un mural

Cando hai un traballo ben feito, soen chegar os recoñecementos. E por Malpica ben o saben. O CEIP Milladoiro vén de ser escollido para desenvolver o pioneiro proxecto Radio na Biblio, pero ademais vén de ser distinguido pola Consellería de Educación no IV Concurso de Traballo por Proxectos na categoría de centros.

O premio débese ao proxecto bianual Pintamos Moito, e vai máis aló que ao mero recoñecemento pois serve para refrendar un xeito de entender educación.

Un premio que ademais serve para visibilizar e poñer en valor o traballo das escolas rurais, ás veces tan pouco recoñecidas. Podemos ter a seguridade de que os nosos fillos e fillas están a recibir a mellor das educacións posibles, e así o refrenda o feito de que o Milladoiro está entre os 21 máis selectos de Galicia.

Pintamos Moito demostra que o potencial creativo dos nosos pequenos depende da estimulación, e aí está un grupo de mestres comprometidos como gañas de desenvolver proxectos artísticos.

Aquí queda unha mostra do proxecto:

 

Novas relacionadas

Fontez

Comentarios