Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O concello e asociacións cargan de actividades o Nadal de Malpica

O concello e asociacións cargan de actividades o Nadal de Malpica
alumeado nadal malpica As rúas de Malpica locen a súa luminaria de Nadal A maior parte das actividades que se levarán a cabo este Nadal en Malpica chegan da man das distintas asociacións do concello que xuntaron as súas sinerxias para ofrecer unha completa programación dirixida principalmente aos máis pequenos. As acticividades xa comezan mañá coa entrega dos premios do concurso escolar de Debuxo e Pintura de Nadal que se realizará nos distintos centros educativos do municipio que participaron no concurso. O sábado, día 17, a casa dos veciños de Leiloio acolle unha festa infantil, a visita de Papá Noel e unha chocolatada que dará comezo ás 16 horas. Na organización desta actividade colabora a A.VV. de Leiloio. Ese mesmo día, de 10:30 a 12:30, os rapaces e rapazas de 3 a 16 anos poderán participar no obradoiro de adornos de Nadal que se levarán a cabo nas escolas vellas de Buño. Esta actividade, organizada pola ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero ten límite de prazas. Xa o domingo - 18 de nadal - a A.C. Malante organiza unha tómbola infantil de Nadal que será no pavillón de Malpica a partir das 17 horas e para a que é imprescindible entrar con zapatillas de deporte. Os Reis Magos adiantan a súa chegada e visitarán o día 20 ás 10:30 horas o CEIP Milladoiro de Malpica. Un día máis tarde, o carteiro real visitará o CEIP Joaquín Rodríguez Otero ás 10:15 horas. Os alumnos e alumnas do CEIP Milladoiro asistirán o día 21 a unha actuación de maxia que terá lugar no auditorio do centro Cívico ás 10:30 horas onde a continuación haberá unha chocolatada. Este acto está organizado pola ANPA Ventorrillo. Tamén o día 21 Papá Noel visitará o CEIP Joaquín Rodríguez Otero entre as 11 e as 13.15 horas grazas á organización da ANPA Xaviña do CEIP J.R.O. O Carteiro Real visitará a Galiña Azul ás 11:15 horas mentras que o Papa Noel visitará a escola de Mens - ás 12 horas - e a escola de Barizo ás 12:30 horas. Xa o día 22, a ANPA Milladoiro organiza un obradoiro de adornos de Nadal, no local da Ludoteca Municipal, no que haberá dúas quendas de 15 prazas cada unha para nenos e nenas de 3 a 11 anos. Para participar é preciso anotarse os días 15 e 16 de decembro, de 9 a 11 horas no local da ANPA no CEIP Milladoiro. Estes mesmos participantes serán os encargados de colocar os adornos na árbore de nadal situada no local da Ludoteca Municipal. Este traballo realizarase o día 23 entre as 11 e as 12:30 horas. Entrega de regalos Papá Noel entregará os regalos ós rapaces na casa da Cultura de Seaia o día 24 ás 16:30 horas grazas á organización da A. C. Carcaxía. Pola súa banda, as cantareiras da A. C. Malante farán un pasarrúas de panxoliñas a partir das 18 horas pola vila de Malpica. E ás 18:30 horas, Papá Noel entregará os regalos ós rapaces na fonte da praza Anselmo Villar Amigo nun acto organizado pola A. C. Malante. A programación continúa o luns día 26 cunha festa infantil con inchables e chocolatada que terá lugar das 16:30 ás 19:30 horas no pavillón polideportivo grazas á colaboración da ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. O día 27, ás 17 horas, Xoán G. presenta a publicación "O Apalpador" no centro cívico de Malpica. A ANPA Ventorrillo colabora na organación da festa infantil con inchables que terá lugar o día 28 das 16:30 ás 20:30 horas no pavillón pPolideportivo de Malpica. Pola súa banda, a A. C. Raigañas organiza unha festa de fin de ano infantil que se celebrará o día 30 no centro sociocultural das Pozacas das 16:30 ás 19:30 horas. 1ª San Silvestre e Fin de Ano A A.C. Malante organiza para o día 31 a 1ª San Silvestre Malpicana que sairá ás 12 horas da fonte da praza Anselmo Villar Amigo. Percorrido será: fonte de Anselmo Villar – mirador de Santo Hadrián (incluirá brindis cun viño galego e txacolí no mirador). As inscricións (de balde) deberán realizarse en Wata Boutique ou  nos teléfonos 620 927 729 (Walter) e 620 661 699 (Martu).   A partir das 23:45 horas comezará a festa de Fin de Ano no auditorio do centro cívico de Malpica onde non faltarán as uva, o cava, o cotillón e a música da man do Dúo de Festa. Xa o 3 de xanerio haberá unha nova edión do Nadal de Vila en Vila e con obradoiro de cantos de Nadal con Uxía e Santi Cribeiro que será entre as 12 e as 13 horas no auditorio do centro Cívico de Malpica. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas maiores de 4 anos e hai un límite de 40 prazas. Os Reis Magos de Oriente visitarán as distintas parroquias do municipio os días 5 e 6 de xaneiro. Novas relacionadas Fonte        

Comentarios