Venres. 19.04.2024
El tiempo

O espazo público da Camposa sufrirá unha completa recuperación ambiental

O espazo público da Camposa sufrirá unha completa recuperación ambiental

En marcha as obras de recuperación ambiental do espazo público da Camposa, en Buño. Un espazo público da Camposa que rexistra unha importante actividade, xa que concentra os servizos da Casa do Oleiro, o antigo centro comarcal e o novo centro de saúde, cunha gran afluencia diaria. Precisamente, e para facilitar os desprazamentos dende a vila de Buño ata A Camposa, o Concello de Malpica xa acometeu no seu momento, con fondos da Xunta de Galicia, a construción dunha senda peonil.

Así o asinaron este venres o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o representante da empresa Construcciones Alejandro Martínez e Hijos. O proxecto, incluído no Plan de Medio Ambiente (PMA 2016) da Deputación da Coruña, suporá un investimento de 34.835,62 euros.

Fonte
  • Concello de Malpica.

Comentarios