Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O futuro Centro de Interpretación de Buño terá unha nova caldeira de biomasa

O futuro Centro de Interpretación de Buño terá unha nova caldeira de biomasa
O Centro Comarcal de Buño convertirase no novo Centro de Intepretación Contará o Centro de Interpretación do Buño Oleiro e Terras de Bergantiños (CIBOTB), cunha fantástica caldeira de biomasa. A futura (aínda sen data de execución) recuperación e reconversión do antigo Centro Comarcal de Buño, que foi durante moitos anos o epicentro da olería malpicá, ten novos alicientes. Así o anunciaba o pasado venres o Concello de Malpica, trala sinatura do contrato coa adxudicataria, Mednancli, SL, a través dunhas axudas para a realización de proxectos de enerxías renovables do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014- 2020, en concreto para a tipoloxía B3 - Caldeiras con sistema de alimentación automática. O importe da axuda é de 40.465,30 €. Entre os obxectivos para a instalación dunha caldeira de biomasa está a redución estimada de gases de efecto invernadoiro dunhas 45,419 toneladas CO2/ano.

Comentarios