Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Fútbol Praia dá paso ao Futbolín en Malpica

O Fútbol Praia dá paso ao Futbolín en Malpica
Rematou o Torneo de Fútbol Praia e Fútbol Sala Infantil, e fíxoo coa entrega de medallas. Púxose fin así a un verán completo no que as nenas e os nenos de Malpica non pararon un minuto. Surf, kayak de mar, excursión de aventura a Asturias, Día da Bicicleta, Campamento Deportivo Costa Bergantiñá, Campus de Fútbol Costa Bergantiñá, Curso de Vela da Deputación da Coruña e o Campamento Deportivo da Deputación, que rematará mañá, completaron a oferta. Pero antes de comezar o curso, estes 2 e 3 de setembro terá lugar o I Master de Futbolín Malpica. O porto acollerá os partidos, con polbo, cervexa e churrasco como acompañamento e algo de rock. e aínda te podes apuntar ata esta noite de venres ás 21:00h no 661 945828.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios