Venres. 19.04.2024
El tiempo

O sector turístico mergúllase nas sinerxias

O sector turístico mergúllase nas sinerxias
Foto nas Illas Sisargas-Foto-Dani Nelo Foto nas Illas Sisargas

Interesante as novas propostas de colaboración no sector turístico. Desta volta, é a empresa Buceo Malpica a que invita a participar ás empresas do sector turístico do xeodestino a unha visita de balde ás Illas Sisargas. Unha visita que favorece o maior coñecemento e divulgación do patrimonio natural e cultural do xeodestino, e que serve para que os hostaleiros poidan ofrecer ós viaxeiros alternativas atractivas e de calidade.

Unha cita que parte da idea da necesidade das sinerxias empresariais para o sector sexa cada día máis forte e unido. Segundo Pablo Canosa, secretario da CMAT, “as empresas turísticas son as mellores prescriptoras e embaixadoras das nosas riquezas, debendo manterse una estreita conexión entre todos os profesionais”.

Dio no marco desas mesas de traballo sectoriais (queda unha o 28 en Carballo) que afondan na adopció de sinerxias entre as empresas do sector turístico da Costa da Morte.

A cita será este domingo 20 de maio as 10 da mañá aproveitando o bo tempo e a tempada baixa. A cita, de balde, está destinada para as empresas da zona que teñan contemplada esa experiencia nos seus hoteis, touroperadores ect . O percorrido terá como obxectivo mostrarlles as Sisargas e a súa potencialidade. Todos os interesados en participar desta experiencia deberán facelo mediante previa inscripción no número de teléfono: 630677910.

Faro das Sisargas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios