Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Obradoiros de Malpica devolven a vida social á veciñanza

Obradoiro Floral en Malpica
Os Obradoiros de Malpica devolven a vida social á veciñanza

Arrincaron este luns os obradoiros de memoria e arranxos florais destinados a persoas maiores e con diversidade funcional. O Centro Cívico e a Casa do Oleiro de Buño acollen estas actividades pensadas para manter activa á veciñanza, promover a saúde mental e física destes colectivos logo dun período marcado pola ausencia de contacto social e as consecuencias da covid-19.

O concelleiro de Benestar, Sergio García, manifestou a súa satisfacción “co éxito da iniciativa, que completou todas as prazas dispoñibles ás poucas horas de abrirse a convocatoria”. Neste sentido, asegurou que “o goberno local seguirá apostando por organizar actividades que potencien o benestar de toda a veciñanza”.

As sesións serán semanais aata o 30 de xuño.

Obradoiro MemoriaMalpica copia

Comentarios