Venres. 29.03.2024
El tiempo

As obras de humanización da entrada de Malpica, máis preto

AC 418 na entrada de Malpica
AC 418 na entrada de Malpica
As obras de humanización da entrada de Malpica, máis preto

O proxecto de reordenación e humanización dos 300 metros de treito urbano da entrada en Malpica está en marcha. 17 empresas presentaron as súas ofertas para executar estas obras de mellora da estrada AC.418, entre os pp. qq. 16+070-16 e 16 +350, que conta cun orzamento de 570.000€.

As obras collende dende un  pouco antes da Casa do Concello ata o Cruceiro, ata a segunda entrada ao porto.

As obras obrigarán a estreitar aproximadamente 0,5 metros a calzada para destinar ese espazo ás beirarrúas, que contarán con novas árbores e mobiliario urbano. Unha gran mellora unha vez que as beirarrúas, sobre todo dos últimos 100 metros, son tremendamente estreiras.

Ademais, acometeranse melloras de firme, e procederase ca renovación das redes de saneamento e pluviais.

Cando se realice a adxudicación, as obras terán un prazo de execución duns 4 meses.

Comentarios