Luns. 22.04.2019
El tiempo

Os Oleiros de Buño pensan coas mans no Gaiás

Os Oleiros de Buño pensan coas mans no Gaiás

Ata o mesmo Museo Centro Gaiás van 14 pezas do Ecomuseo Forno do Forte, no marco da exposición “Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia”. 14 pezas da segunda metade do século XIX e do século XX que representarán á Olería de Buño na exposición que se inaugurará este venres 12, ás 12.00 horas.

Unha cazola, un xerro, un pucheiro, un barreño, unha tarteira, unha chocolateira, unha escudela, unha cunca, un cunquelo, unha cacheleira, unha fonte, un falsete, un botixo de rosca e unha buxina serán as representates bergantiñáns na mostra ata o 8 de setembro de 10.00 a 20.00 horas.

Unha mostra que serve para lembrar que a tradición oleira de Buño remóntase á etapa prehistórica coa creación dos primeiros cacharros feitos a man. Pero foi nos séculos XVIII e XIX cando acadou a súa idade de ouro.

A día de hoxe, o Ecomuseo Forno do Forte e divididas, ten unha importante colección historica, a clasificada no seu momento por Luciano García Alén, en tres series: ancestral (anteriores ao ano 1700), antiga (do 1700 ao 1900) e moderna (posteriores ao ano 1900).

Novas relacionadas

Comentarios