Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os clásicos do Entroido xa "quentan" en Malpica

Os clásicos do Entroido xa "quentan" en Malpica
Mikaela, Madamitos, Faustino, Farruco, bailes, concursos, doces e unha chea de propostas máis para vivir o Entroido. Locais de hostalaría, entidades e Concello de Malpica colaboran para ofrecer o mellor programa festivo da volta. O Entroido é unha das festas grandes do concello malpican, e por iso tanto o Departamento de Cultura como o tecido asociativo e a hostalaría traballan arreo  para ofrecer o mellor programa posible. Así, un ano máis, avecinase un Entroido cheo de propostas para tódolos públicos que converterán Malpica nunha das referencias das celebracións en toda Galicia. Comezan os fastos o venres 9 co pasarrúas do alumnado do CEIP Milladoiro a partir das 10.30 horas e o concurso de disfraces que se celebrará a partir das 24.00 horas polos pubs da vila, que un ano máis terán preparadas cestas de lacóns e chourizos para os mellores. E rematarase o día 18, despois de moitos días de troula coa Mikaela, os Madamitos e Ghuardineros, o Faustino, o Farruco, os concursos, os doces, as festas infantís, os bailes e tamén os cocidos. Para que todo isto sexa posible contarase coa implicación dos pubs Jofra, Submarino, Brebaxe, O Patio, Prisma e Don Paco, así como de tódalas  entidades habituais: Asociación Cultural Malante, ANPA Ventorrillo, ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación Cultural Carcaxía, A.C.D. San Xulián, A.V. C. S. O Brizo, Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Amigos da Mikaela, A. VV. De Leiloio e Asociación de Amas de Casa.

Comentarios