Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os coches do Santo tomaron Malpica

Os coches do Santo tomaron Malpica
Xuntanza de Coches Clasicos en Malpica 2

Como gozaron pequenos e maiores dos preto de 50 vehículos, algúns deles auténticas xoias da automoción, que participaron na II Xuntanza de Coches Clásicos de Malpica. Unha Xuntanza que ten un nome propio, pois está promovida por un grupo de afeccionados, con José Nieto, coñecido como “O Santo de Buño”, á fronte.

A xornada comezou cun almorzo de confraternidade e unha visita ao Ecomuseo do Forno do Forte de Buño. José Nieto explicou que cada vez son máis os amigos e amigas que acoden á xuntanza, que vai camiño de converterse nunha cita anual obrigada.

JOSE NIETO O SANTO DE BUNO José Nieto, o Santo de Buño, foi un dos grandes promotores desta Xuntanza de coches Clásicos

Entre os participantes estivo este ano Ángel Jove González, coleccionista e impulsor de proxectos como o Museo do Ferrocarril ou os futuros Museo da Automoción e Museo do Agro Galego, nos que está a traballar dende a Fundación Jorge Jove. Na súa primeira visita ao Forno do Forte amosouse gratamente sorprendido polo ecomuseo e declarouse admirador da Olería de Buño.

A xornada continuou cunha caravana ata Malpica, onde os coches quedaron expostos ao longo de toda a rúa principal, converténdose nun atractivo máis da soleada mañá de domingo na vila. O alcalde, Eduardo Parga, e os concelleiros Miguel Fernández e Iago Espasandín, que tamén se achegaron ata a exposición, agradeceron a visita e felicitaron aos organizadores.

Xuntanza de Coches Clasicos en Malpica

Fonte

Comentarios