Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os postres da época triunfan no concurso de doces de Malpica

Os postres da época triunfan no concurso de doces de Malpica
concurso-doces-malpica concurso-doces-malpica A calidade e a variedade dos postres presentados fixo que o xurado do concurso de doces de Malpica tivese dificultades para escoller aos gañadores. Así, ésta é xa máis que unha cita consolidada dentro da programación do Entroido de Malpica. O xurado, integrado por representantes do concello e das entidades colaboradoras, tivo moitos problemas para escoller os premios entre as distintas preparacións presentadas, entre as que este ano destacaron os doces máis típicos da época. Na categoría infantil, para nenos e nenas menores de 14 anos, os tres premios foron, por esta orde, para as “Magdalenas de Pompeya” de Mar Amado Chouciño, as “Bolas do dragón Zeta” de Brais Casal e o “Bizcocho galáctico” de Noelia Silva. Na categoría amateur o doce mellor valorado polo xurado foron as “Rocas de améndoa” de María José Recarey; mentres que o segundo premio foi para o “Flan de coco” de Ana Rama e o terceiro, para a “Tarta de oreo” de Isabel Camiño. En canto á categoría profesional, destinada a establecementos de hostalería, o xurado galardoou en primeiro lugar as “Rosquillas” da cafetería JB, seguidas da “Tarta de limón” de O Cachón e a “Tarta de queixo e vainilla” de casa Antonio. O alcalde, Eduardo Parga, e o tenente de alcalde, Miguel Fernández, achegáronse ata o pavillón malpicán para participar na entrega de agasallos, pezas de Olería de Buño e “chuches” para os nenos e as nenas. Co concello de Malpica colaboraron a asociación de Redeiras Mar da Illa, a Asociación de Amas de Casa de Malpica e a ANPA Ventorrillo, que paralelamente celebrou a súa tradicional festa infantil con inchables e obradoiros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios