Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os trasn@s inician a sexta edición do Camiño dos Faros

Os trasn@s inician a sexta edición do Camiño dos Faros
O domingo comeza no porto de Malpica a sexta edición do Camiño dos Faros O domingo comeza no porto de Malpica a sexta edición do Camiño dos Faros "Non tiñamos pensado facela pero houbo moita xente que nos pediu que a organizáramos" din os tran@s. Trátase da sexta edición do Camiño dos Faros que comezará esta fin de semana en Malpica (sábado pre-etapa e domingo ruta). O Camiño dos Faros está en pleno proceso de homologación como sendeiro de Gran Recorrido. O día que iso se consiga, a ruta pasará a ser propiedade dos concellos polos que discorra coa conseguinte consecuencia de ser un motor máis de promoción turística. "Contamos que a finais de ano a ruta estea homologada" aseguran os tran@s. Unha vez que iso se consiga iniciarase un proceso de sinalización. A sexta edición axudará a axilizar a homologación xa que entre todos os trasn@s que participen, que se espera que sexan máis de 500, analizarán cada punto do percorrido. Así a primeira etapa desta edición será o domingo, 20 de marzo. Os participantes reuniranse ás 9 horas no porto de Malpica e dende alí realizarán os case 22 quilómetros que os separan de Niñóns, o punto final da etapa. Cada trasn@ deberá levar a súa propia comida e bebida da que poderá disfrutar ao longo do percorrido. Á chegada, prevista para as 19 horas, un autocar recollerá aos camiñantes para levalos de volta a Malpica. Como participar Para participar é obrigatorio inscribirse a través da páxina web Camiño dos Faros onde é necesario cubrir un prego. O prezo é de 5€ por persoa e inclúe viaxe en autocar de Niñóns a Malpica e un seguro de accidentes. Os participantes poden inscribirse ata o día da ruta, antes do seu comezo. A ruta dos Faros da Costa da Morte, que se compón de 8 etapas, une os 200 quilómetros que separa Malpica de Fisterra. Ademais do éxito desta iniciativa que traspasa as fronteiras da bisbarra, os organizadores puxeron en marcha as pre-etapas que se realizan o día anterior á ruta na vila dende a que se parte. Desta forma, a pre-etapa deste sábado será en Malpica onde os participantes poderán coñecer a vila a través da visión dos mariñeiros e das redeiras. Xa pola noite, e tras repoñer forzas nos distintos locais hosteleiros de Malpica, a Traskiband ofrecerá un concerto. Durante as pre-etapas, e tras un acordo coa Federación de ANPA`s da Costa da Morte, organizán uns roteiros abertos a todos os públicos cuns percorridos pensados para persoas, de calquera idade, con distintas necesidades específicas ou mobilidade reducida.  

Novas sobre o Camiño dos Faros

Fonte

Comentarios