Venres. 19.04.2024
El tiempo

Peques e adult@s disfrutan dos talleres de manualidades en Malpica

Peques e adult@s disfrutan dos talleres de manualidades en Malpica

Son 82, entre nen@s e adult@s, as persoas que disfrutan xa dos talleres de manualidades organizados polo Concello de Malpica a través das concellerías de Cultura e Servizos Sociais.

As actividades, que foron poñéndose en marcha nos últimos días, reúnen a persoas de todas as idades, desde nenas e nenos de tres anos ata maiores. Precisamente son estes últimos os que integran os grupos máis numerosos. O de Malpica, que ten como monitora a Lucía Villanueva, está formado por 25 persoas, e o de Buño, dirixido por Chelo García, conta con 15 alumnas. Os dous foron inaugurados polo alcalde, Eduardo Parga, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, que reiteraron o seu compromiso cunha actividade que ten tanta demanda. Tamén asistiron ao comezo das clases para persoas con diversidade funcional, cun total de 10 participantes.

Pola súa parte, os 20 rapaces e rapazas de 3 a 10 anos de idade empezaron o curso con ilusión.

Teatro

A oferta de actividades culturais inclúe tamén os obradoiros de animación teatral da Escola Municipal de Actividades Escénicas, que dirixe Silvia Losada no Centro Cívico e na que este ano participarán unha vintena de nenas e nenos divididos en grupos segundo as súas idades.

Fonte

  • Concello de Malpica.

Comentarios