Venres. 19.04.2024
El tiempo

Percorrendo a Costa da Morte nun clásico

Percorrendo a Costa da Morte nun clásico
ruta-coches-clasicos-costa-da-morte Membros da asociación lucense de Automóbiles Antigos partiron dende Malpica na súa II Ruta Clásica Costa da Morte Un bo grupo de membros da asociación lucense de Automóbiles Antigos percorreron este domingo unha boa parte da Costa da Morte nos seus coches clásicos. Malpica foi o punto de partida da II Ruta Clásica Costa da Morte; unha ruta máis longa das que se realizan en Galicia nun só día, xa que discorre ao longo de 150 quilómetros e das fermosas paisaxes do litoral da bisbarra. Os participantes concentráronse pola mañá diante da casa consistorial de Malpica, desde onde partiron rumbo ao cabo de Santo Hadrián acompañados polo concelleiro Miguel Fernández, que foi agasallado pola entidade organizadora cun recordo destanova aventura, e que os convidou a regresar na vindeira edición da ruta. A primeira celebrouse en novembro do ano pasado. Desde Malpica os participantes continuaron por Ponteceso, Laxe, Camelle, Arou, Santa Mariña, Camariñas, Cabo Vilán, Muxía e Fisterra. Fonte

Comentarios