Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Pleno malpicán aprobou as obras do POS+

Pleno en Malpica xaneiro 2021
O Pleno malpicán aprobou as obras do POS+

Dos 13 millóns de euros que Deputación destina á Costa da Morte no marco do POS+, 640.000€ correspóndelle ao Concello de Malpica.

Este xoves o pleno aprobaba o Plan para destinar case medio millón de euros euros a obras e servizos de competencia municipal, e 113.485,52 euros para o financiamento gastos sociais extraordinarios derivados da pandemia, tal e como establece a directiva provincial.

Dentro da partida principal, o Concello destinará un total de 59.531,43 euros a pago a provedores e 56.425,94 euros a gasto corrente.

En materia de investimento, as obras acometidas serán:

  • 94.445,27 euros para a separación de pluviais e un novo pavimento en Camiño do Río;
  • 36.379,90 euros á reforma do Centro Social das Pozacas;
  • 191.506,70 euros para a construción dunha cuberta do parque infantil de Malpica, que sufragará tamén os problemas de humidade e goteiras existentes no edificio do Mercado municipal.
  • 58.419,04 euros para a pavimentación do camiño da Camposa a Buño.

A partida de gasto social será destinada a “Reforzo de persoal, técnico e/ou administrativo adscrito aos servizos sociais; ampliación e dotación das partidas destinadas a garantir os ingresos suficientes ás persoas soas ou familias, maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social ou vítimas de violencia de xénero; ampliación do servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades; reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación e adquisición de medios de prevención destinados aos profesionais dos servizos sociais”.

Plan Complementario

Co viso de que poida ampliarse a partida, a Deputación pide unha lista de investimentos complementarios:

  • 97.559,78 euros para melloras e mantementos no camiño da Besugueira, en Barizo;
  • 99.122,62 euros para melloras na capa de rodadura no camilo de Cambre á Pedrosa e no camiño na Raxeira;
  • 39.996,03 euros á renovación do parque infantil na rúa Xaviña-Buño.
  • 46.459,47 euros na mellora da estrada de Campelo a Barizo.

Comentarios