Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Preguntan no Parlamento pola resposta do Salvamento no rescate do "Nuevo luz"

Preguntan no Parlamento pola resposta do Salvamento no rescate do "Nuevo luz"

Malas novas para o mar de Bergantiños esta pasada fin de semana. A morte de dous mariñeiros nas augas da Punta Langosteira deixa un cúmulo de tristura e de apoios dende todos os sectores. Pero tamén deixa algunha dúbida, pois parece que a resposta dos equipos de Salvamento non foi tan rápida como se agardaría.

Entrementres un dos 4 mariñeiros que salvaron a vida gracias á intervención do pesqueiro “Marín Daniel”, continúa hospitalizado no Chuac. Os outros 3 mariñeiros, veciños todos eles de Malpica, saíron entre o venres e o sábado, e se agarda que ao longo desta semana o cuarto poida volver a casa.

Preguntas sobre a Operación

Un serio retraso na localización do barco, e unha hora para que o helicóptero chegase ao lugar fan dubidar a moitos veciños. E tamén da oposición, que a través do deputado do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou esta mañá a solicitude de comparecencia da Directora de Salvamento Marítimo para que acuda á Cámara a explicar e aclarar a operación de salvamento marítimo do pesqueiro malpicán.

Ademais, o deputado fará chegar as queixas dos familiares dos mariñeiros falecidos "por non ter recibido ningunha comunicación por parte das institucións responsables". Así preguntará ao Goberno se se contactou cos familares dos mariñeiros mortos.

Jorquera fai especial fincapé no tema do retraso na localización das correctas coordenadas do barco afundido, lembrando que ás 6.56 horas o Centro de Maspalomas recibiu o primeiro aviso de alerta da radiobaliza, ás 7.00 o satélite recibe o segundo sinal pero con coordenadas erróneas, e non é até ás 7.07 cando o satélite logra ubicar as coordenadas correctas. “¿Por qué razón se tardó en localizar las coordenadas correctas del barco hundido? ¿a qué se debió dicho retraso? ¿por qué no fue posible determinar las coordenadas correctas desde el primer aviso? ¿por qué en un primer momento se dieron coordenadas erróneas?”, son algunhas das perguntas que dirixe ao Goberno.

Jorquera quere coñecer a opinión do Goberno respeito a se o retraso na localización do barco “puido perxudicar a operación de Salvamento e quer sabe se non é posible mellorar o sistema para poder localizar os barcos con problemas desde o primeiro aviso".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG.

Comentarios