Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Pureza, Sangue e Ceo dende Montevideo á Malpica e á Bugalleira

Pureza, Sangue e Ceo dende Montevideo á Malpica e á Bugalleira

Espectacular este vídeo que hoxe descubrimos chega da man de Tackle Sports Magazine, un magazine deportivo coruñés creado en 2015. O pasado día 20 estreaban o documental sobre Nacional de Montevideo "Pureza, Sangre y Cielo". A reportaxe documental está dirixida polo cambrés Miguel Pintor Mourazos e foi grabada en Montevideo, A Coruña, Malpica e A Bugalleira (Ponteceso) onde o clube uruguaio ten unha sede, e conta como se vive a pasión polo Nacional de Montevideo a ambas beiras do Atlántico .

O equipo de Tackle Sports Magazine estivo presente no Superclásico uruguaio entre Nacional y Peñarol. No Uruguay viviron o ambiente previo a este tipo de encontros e foi testigo de que alí o fútbol e máis ca un deporte. Xogadores uruguaios do nivel de Gustavo Munúa, Rubén Sosa, Seba Fernández, Jorge Fucile ou o adestrador Álvaro Gutiérrez xunto coa Filial de Nacional en Galicia son os protagonistas coas súas declaracións de este documental.

Disfruten da maxia do fútbol:

 

Fonte

  • Tackle Sports Magazine.

Comentarios