Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A semana que vén comezan as obras de apuntalamento na dársena de Malpica

zona onde Portos non permite o paso de trafico pesado
Zona do porto malpicán onde Portos non permite o paso de tráfico pesado
A semana que vén comezan as obras de apuntalamento na dársena de Malpica

Seguen sen poder pasar os camións pesados pola dársena de Malpica, provocando que moitas das familias que dependen da lonxa teñan grandes problemas para sacar a mercancía do porto. De aí a necesidade, como recoñece o alcalde Walter Pardo, de sacar adiante as obras de apuntalamento da dársena malpicá.

Unhas obras, que segundo lle confirmaba ao alcalde a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, comezarán a vindeira semana. O organismo autonómico confirmou que as tarefas para asegurar a vía que conecta o porto e a lonxa arrancarán antes da primeira quincena de xuño. Será o primeiro paso para recuperar o acceso do tráfico rodado e reducir así as graves consecuencias na economía local.

Por outra banda, Pardo tamén insistiu na necesidade de buscar unha solución para as saídas da dársena coa que asegurar as condicións de seguridade das embarcacións e do persoal a bordo. Portos de Galicia afirmou ter en marcha estudos técnicos para reducir este risco.
Entre os temas tratados tamén estivo a urxencia de aprobar un convenio para regular o uso dos espazos portuarios para outras actividades, a autorización para a pesca deportiva en algunhas zonas dos portos e o arranxo da grúa do porto de Barizo.
Outra petición municipal foi a colaboración do ente autonómico para lograr a substitución de parte do mobiliario do porto malpicán que se atopa a carón da dársena seca.

Novas relacionadas

Comentarios