Martes. 23.04.2024
El tiempo

Senda Nova une o cine ás camiñadas na 6º edición Outono en Marcha

Senda Nova une o cine ás camiñadas na 6º edición Outono en Marcha
Outono en Marcha de Senda Nova 2017 Outono en Marcha de Senda Nova 2017

Calzou as botas de novo a xente de Senda Nova para afrontar a 6ª edición do programa Outono en Marcha. Un programa de 6 andainas que, por primeira vez, complétase con actividades paralelas que intentan poñer o foco, máis que nunca aínda, na posta en valor do patrimonio rural.

O cine será o punto de apoio para seguir incidindo na “importancia do traballo a prol dos espazos xeográficos vidos a menos en poboación”. Un xeito de seguir traballando contra o abandono do medio rural.

Xoves Audiovisuais polo rutal

  • Xoves 9 novembro: “Los últimos dragones d´Uviéu” de Jorge Chachero y David Álvarez.
  • Xoves 16 novembro: Entrar aos Vilares”, de Cibrán Tenreiro.
  • Xoves 23 novembro: “A Luz do Negro”, de Encarna Otero.
  • Xoves 30 novembro: “Las Montañas del lobo”m de Joaquín Gutierrez Acha.

Camiñadas polo rural de Bergantiños

  • Domingo 29 outubro - VÍA ALCAIANUS (Coristanco-Carballo).
  • Domingo 5 de novembro: SENDA DAS CAPELAS (A Laracha)
  • Domingo 12 novembro: RAZO-BALDAIO PARA PROTEXER (Carballo).
  • Domingo 19 novembro: TERRAS DO MARQUÉS (Carballo).
  • Domingo 26 novembro PEGADAS DO WOLFRAMIO (Carballo-Malpica de Bergantiños).
  • Domingo 3 decembro: RUTA DAS FÉRVEDAS (Carballo)

Compre inscribirse en cada ruta ata 2 días antes de cada unha, no 611 037 617. O custe de cada saída é de 6€ para adultos, 3 para menores e socios e 1 para socios menores.

Comentarios