Sábado. 20.04.2024
El tiempo

‘Seráns na rúa’ para o agosto malpicán

SERANS NA RUA EN MALPICA
‘Seráns na rúa’ para o agosto malpicán

A Concellería de Cultura de Malpica, dentro da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña, acaba de presentar unha programación para o mes de agosto repleta de teatro, música e diversión para todos os públicos. Os ‘Seráns na rúa’ comezarán o sábado 7 de agosto e celebraranse durante os fins de semana ata o día 21.

A primeira das actuacións será apta para todos os públicos e realizarase no paseo da Praia. O sábado 7 de agosto chega ‘Velliñas’, de Butaca Zero Inherente Teatro, a partir das 20:00 horas.

Nese mesmo horario, pero o sábado 14 de agosto, chegará o segundo dos espectáculos programados. ‘A música das buguinas’, de Mamá Cabra & Bellón e Maceiras, trátase dunha actuación para toda a familia que se representará na praza do Campo.

O domingo 15 de agosto será a quenda dunha cita musical dobre a Canido que comezará ás 21:00 horas co concerto de Arredores. Unha hora máis tarde, ás 22:00, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre continuarán co espectáculo enriba do escenario. Ese día o aforo é de 150 entradas e hai que reservar praza en [email protected].

Finalmente, o sábado 21 de agosto a partir das 20:00 horas pecharanse os ‘Seráns na rúa’ coa representación de ‘Isolada’ a cargo de Pajarito. Neste caso, a obra está recomendada para maiores de 8 anos.

No resto de espectáculos poderanse gardar asentos media hora antes do comezo da función.

Comentarios