Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Tonhito de Poi: "Imos ao Nordestazo como quen vai ás Olimpiadas, imos a pola medalla"

Tonhito de Poi: "Imos ao Nordestazo como quen vai ás Olimpiadas, imos a pola medalla"
Herdeiros da Crus son unha das bandas do Nordestazo Rock 2016 Herdeiros da Crus son unha das bandas que actúan no Nordestazo Rock 2016 O Nordestazo Rock é un deses festivais con persoalidade propia e cun público fiel que o converteu en todo un referente. Na súa oitava edición, que terá lugar o vindeiro sábado en Malpica, podese dicir que o cartel ten a gasolina suficiente para alimentar a vea máis rockeira do público. Xunto con Agoraphobia, Bastards, Marky Ramone’s Blitzkreig, os Diplomáticos de Montealto estarán os Herdeiros da Crus encabezados por Tonhito de Poi. Falamos co líder da banda para que nos fixera un adianto da súa actuación no Nordestazo 2016.  
  • QPC: Despois do concerto do 2012, Herdeiros da Crús volverá ao Nordestazo coa mesma forza de sempre e con algunha outra novidade?
Este é o segundo ano que estamos no Nordestazo e nós, a verdade é que o único que sabemos cociñar é o rock&oll. Sacaremos algúns temas que estén máis afinados para a xente que sigue ao grupo. Nos non o sabemos facer nin mellor nin peor; é o que sabemos facer. Ademais nestes concertos tan brutais entregámonos a tope no escenario. A sorpresa sería que a algún lle dea un shock no escenario porque nós cada ano temos máis forza.  
  • QPC: Que supón para Herdeiros da Crus volver a tocar nun festival como o Nordestazo?
Para nós Malpica é moi importante porque a costa norte é un sitio máxico. O cheiro a salitre e a bravura do mar dános moita forza. nordestazo-rock-malpica-2016
  • QPC: E vos que xa o coñecedes, que peculiaridade ten o público de Malpica?
O ser un público con tanta saúde axuda moito. O sitio, o propio escenario e a xente fan que sexa un deses sitios especiais para nós. Ademais temos un recordo increíble do concerto do 2012. Nos non temos máis que eloxios para Malpica e para a xente de Malpica. A nós motívanos moito tocar alí porque sabemos que é xente ruda, xente brava e que non se conforma con menos. Por iso nos gusta. Nos imos ao Nordestazo como quen vai ás Olimpiadas, imos a pola medalla. 
  • QPC: Dinos tres cancións que van soar no Nordestazo 2016.
Non fallarán "Quero josar", que é unha das obrigatorias antes de que a pida o público, e tamén vai "Non che teño medo" e "Alabaré". 
  • QPC: Como ves o panorama rock galego actual en comparación co do 2012 - ano da vosa anterior actuación en Malpica -.
Eu non lle teño unha vara de medir a iso porque o rock é rock e para que sexa bo rock ten que estar no borde do abismo. É unha música que vén dos escravos e entonces hai que apretar para que funcione o rock. A xente ten que faltarlle traballo ou andar ao mar mal pagado para que funcione o rock&roll.
  • QPC: Tes algún vínculo coa Costa da Morte?
Eu son de Poi (Ribeira) e amoo moito, din unha volta ao mundo no ano 90, viaxo moitísimo e hai dous meses que acabo de chegar outra vez do Amazonas, pero se houbese algún sitio no mundo a onde eu me iría vivir sen pensalo sería a Costa da Morte. A primeira vez que vin o monte Pindo foi dende o mar, tiña 17 anos e íamos para Camariñas no barco. Adoro completamente toda a Costa da Morte.    https://vimeo.com/45895033

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

  Fonte

Comentarios