Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Tras 22 anos pelexando por unha xornada continua, a Anpa Milladoiro sae á rúa

Tras 22 anos pelexando por unha xornada continua, a Anpa Milladoiro sae á rúa
CEIP Milladoiro de Malpica

Seguen os pais e nais do CEIP Milladoiro de Malpica esperando unha resposta da Xunta á súa petición de establecer a xornada única no centro. Conscientes de que o proceso está en marcha e que se está estudando, consideran que o tempo se bota enriba, pois xa están ca terceira avaliación e non conseguen unha resposta á viabilidade do proxecto escolar presentado pola Anpa Milladoiro e a directiva do centro.

I é que xa levan nada menos que 22 anos (“vinte e dous!”) a voltas coa xornada continua e pensan que xa é hora.

Por iso anuncian que van realizar unha concentración de familias no patio do colexio o vindeiro mércores 15 de abril ñas 16:30 para reclamar unha resposta á petición de xornada única. E invitan a todas as familias de Malpica a que secunden a manifestación e loiten polos dereitos de todos.

Novas relaciondas

Fonte

Comentarios