Último día para anotarse no curso de actualización comercial de Malpica
07:08 08/11/16
Hoxe é o último día para participar no curso de actualización comercial organizado polo concello de Malpica, a través da concellería de Promoción Económica, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña. Trátase dunha iniciativa dirixida fun fundamentalmente a autónomos do sector e a empregados de establecementos comerciais, totalmente gratuíta. Polo momento hai 10 persoas inscritas.
O curso está composto por tres módulos. O primeiro, destinado á propia tenda - distribución do mobiliario, implantación do produto e imaxe de marca -, o segundo ao escaparatismo -realización de escaparates: montaxe, elementos decorativos e color - e o terceiro módulo está dirixido á clientela - como fidelizar e captar novos clientes, debilidades e fortalezas da nosa tenda e como actualizala -.
A formación será de 20 horas, de luns a xoves de 20:30 a 22:30 horas no centro Cívico de Malpica. As sesións formativas desenvolveranse entre o 8 e o 23 de novembro, coa finalidade de que a aprendizaxe poida poñerse en práctica na próxima campaña de Nadal, xa que o curso inclúe unha parte de formación teórica e outra práctica, de escaparatismo, que se levará a cabo na propia tenda. Ao remate entregarase un diploma de asistencia.
As inscricións poden realizarse até hoxe ás 15 horas na casa do Oleiro (981 711303) e no centro Cívico (981707104). Terán preferencia de asistencia os comerciantes e os empregados do sector comercial que residan no termo municipal de Malpica.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Malpica