Martes. 16.04.2024
El tiempo

Últimos días para presentarse ao Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Últimos días para presentarse ao Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas
O libro A outra voz de Alberte Moman e Veronica Martinez- IX premio do Certame de Poesia Erotica Illas Sisargas Imaxe do libro gañador en 2014, "A outra voz" de Alberte Momán e Verónica Martínez

Toda unha referencia a nivel estatal é xa este Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, que artella Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica. Xa son 11 anos deste certame literario único en Galicia.

E ollo, que aínda estades a tempo de participar. O vindeiro día 30 de setembro rematará o prazo para participar. Os orixinais deben enviarse ao Concello de Malpica (Avda. Emilio González López, 1-15113 Malpica de Bergantiños), indicando no sobre “X Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas”. O fallo farase público coincidindo coa Cea das Letras, na primeira fin de semana de novembro. O Concello de Malpica financia a edición da obra gañadora, que permitirá seguir ampliando a colección Caldeirón, e o premio, que está dotado con 1.000 euros.

Poderán optar ao premio todos os autores/as de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas de temática erótica, escritas en lingua galega e non premiadas con anterioridade. As obras terán una extensión inferior a 600 versos e presentaranse por triplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados. As obras presenta presentaranse baixo un título e/ou lema, achegados de plica na que conste o título e/ou o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, o seu enderezo, nacionalidade e número de teléfono.

O xurado estará composto por un representante do Concello de Malpica proposto polo Alcalde-Presidente do Concello de Malpica de Bergantiños, un representante da Asociación Cultural Caldeirón proposto polo Presidente desta entidade e o gañador/a do certame inmediatamente anterior a esta convocatoria, quen poderá ser substituído por outra persoa de relevancia nas letras no caso de que, non lle fose posible acepta-la súa participación. Actuará como secretario o membro do xurado proposto polo Concello de Malpica, e no seu defecto poderá ser nomeado polo Presidente da A. C. Caldeirón.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios