Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un ano da desfeita do Monte Neme

Un ano da desfeita do Monte Neme
A balsa de Monte Neme-Foto-Artabron

Acontecía un 10 de febreiro de 2014. Malpica e Carballo erguíanse co medo dun posible Aznalcóllar, aquela catástrofe ecolóxica no parque de Doñana pola rotura da balsa dunha mina.

I é que a balsa de augas residuais da Balsa do Monte Neme, entre os dous concellos bergantiñáns, deixaba un regueiro de desfeita, liberando 24.000 m3 de auga monte abaixo, producindo ao seu paso cuantiosos danos materiais en fincas, infraestruturas públicas e propiedades privadas. E menos mal que as concentracións non eran moi altas...

Se ben o Concello carballés xa avisara á Xunta do perigo, a administración non acometera as obras necesarias para sucsanar os problemas. É máis, tiveron que ser os concellos de Malpica e Carballo os que levaran a cabo a reparación dos danos máis urxentes, se ben a Xunta de Galicia aprobou en decembro o proxecto para o peche e a restauración do entorno da antiga canteira.

De momento todo está pendente de que a empresa titular da explotación mineira e a compañía aseguradora asuman responsabilidades, pois a Xunta e ambos concellos van esixir á empresa Leitosa, a concesionaria da explotación mineira, que asuma os custes e leve adiante todas as obras correspondentes. A empresa botará as culpas á Xunta por non ter realizado as melloras a tempo. A ver en que queda todo, pero os anos seguro que van pasando…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios