Mércores. 21.08.2019
El tiempo

Un domingo de sol, bicis e patrimonio

Un domingo de sol, bicis e patrimonio
I Roteiro BTT Croa do Castro de Cerqueda 2016 Arredor de 100 participantes no I Roteiro BTT Croa do Castro de Cerqueda Espectacular domingo para disfrutar das marabillas de Cerqueda montado nunha bici de montaña. A I Ruta BTT Croa do Castro, ademais de reivindicar a recuperación patrimonial do castro cerquedán, un exemplo fantástico da arqueoloxía popular costeira, serviu para que os arredor de 100 participantes disfrutasen dos tesouros naturais e patrimoniais desta parroquia malpicá. Esta iniciativa do Club Ciclista Castro da Croa, que contou coa colaboración da Asociación de Veciños Monte D'Arxa, do Concello de Malpica e de varias empresas, foi moito máis ca unha competición. A ruta mesturou deporte, paisaxe, patrimonio, compañeirismo e diversión ao longo dunha intensa mañá de actividades no noso concello. [fbvideo link="https://www.facebook.com/iciavarela6/videos/334785060246393/" width="665" height="400" onlyvideo="1"] A saída estivo acompaña dos Veteranos cabaleiros de Cerqueda. E a pesar de que non era o importante, tamén houbo gañadores. Na ruta longa, de 44 quilómetros, impuxéronse Marcos de Pedra Cuca e Alberto de Aldeola, e o premio ao participante máis veterano foi para o carballés Manuel Vázquez Periscal, de 64 anos. Marcos de Pedra Cuca e Alberto de Aldeoa, os gañadores do Roteiro BTT Marcos de Pedra Cuca e Alberto de Aldeoa, os gañadores do Roteiro BTT MANUEL VAZQUEZ PERISCAL 64 ANOS CARBALLO O carballés Manuel Vázquez Periscal, o ciclista máis veterano Organizacion do Roteiro BTT Croa do Castro Membros da Organización do Roteiro BTT Croa do Castro

Máis novas

Fonte

Fonte

Comentarios