Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un fin de ano de divertidas San Silvestres

Un fin de ano de divertidas San Silvestres
Imaxe dunha da Milla de Baio-Foto-Santi Soneira Imaxe dunha da Milla de Baio-Foto-Santi Soneira

Que non o pase ben facendo deporte (e pasando frío) este fin de ano, será porque non quere (ou non ten agallas). Tres apostas contabilizamos este 2017 para pasar o día de fin de ano de xeito divertido. Tres probas que xa o ano pasado nos deixaran estampas simpatiquísimas.

Xa temos falado da Carreira e o Brinde Leiteiro de Mazaricos, pero tamén temos que repasar as citas de Baio e Malpica.

X Milla de Baio

San Silvestre Baio 2017 San Silvestre Malpicana 2017

Xa é a 10ª edición desta Milla de Baio. A cita arrincará ás 17:30h da Parrillada Rial e percorrerá o Paseo Fluvial. Dende Su A Agra esperan que a xente non falte á súa cita cos disfraces.

San Silvestre Malpicana

Cita matutina a II San Silvestre Malpicana que organiza a AC Malante. Sairá da finte de Anselmo Villar e chegará ata San Adrián (7km). Partirá ás 12:00h, e é imprescindible ir disfrazado. Cómpre inscribirse no 620927729 ou no 620661699.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios