Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha media de 50 persoas pasaron en xullo pola oficina de turismo de Malpica

Unha media de 50 persoas pasaron en xullo pola oficina de turismo de Malpica
oficina_turismo_malpica Durante o mes de xullo un total de 1.117 persoas solicitaron información na oficina de Turismo de Malpica Unha media de 50 persoas son atendidas cada día na Oficina de Información Turística de Malpica, situada na planta baixa da casa do concello e con acceso directo desde a praza da fonte. No mes de xullo solicitaron información un total de 1.117 visitantes, unha cifra moi semellante á do ano pasado. A esta cifra habería que engadir todas as persoas que pasaron pola instalación para recoller rueiros ou folletos informativos pero que non solicitaron información da técnica de Turismo que atende o servizo. Un número que reflicten o tirón do concello. O turismo nacional segue sendo maioritario, xa que representa o 83%. Madrid encabeza as estatísticas, xa que é o lugar de residencia do 30% dos veraneantes, aínda que este ano destacan tamén as persoas procedentes de Castela-León, que supoñen un 21%. Entre os usuarios da oficina hai tamén, de maior a menor, visitantes de Galicia, País Vasco, Andalucía, Cataluña, Aragón, Valencia, Estremadura, Asturias, Cantabria, Castela La Mancha, Canarias, Murcia, Navarra e Baleares. O 70% dos usuarios da oficina de turismo están aloxados no concello de Malpica, e o 30% restante repártese entre A Coruña, Santiago e outros municipios da Costa da Morte. A maioría viaxan en parella ou en familia, e tamén recibimos a grupos en excursións organizadas por axencias de viaxes. Nestes casos o medio de transporte é o autobús, pero o que manda é o coche. A maior parte dos turistas chegan a Malpica en vehículos particulares, e en menor medida en caravana ou furgoneta. A Oficina de Información Turística está aberta de martes a sábado de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-oficina-de-turismo-de-malpica-estrea-o-horario-de-veran/ “A oficina de Turismo de Malpica recibe unha media de 30 visitantes ao día” — Que pasa na costa “Agosto e decembro, os mellores meses para o Museo de Bergantiños e a Oficina de Información de Turística de Carballo” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios