Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Uns cen deportistas participan hoxe na clausura das escolas municipais de Malpica

Uns cen deportistas participan hoxe na clausura das escolas municipais de Malpica
dia-ritmo-malpica Recentemente Malpica celebrou o día do Ritmo Van chegando ao seu fin as escolas municipais de Malpica. E para demostrar os coñecementos adquiridos ao longo do curso académico, o concello organiza as clausuras correspondentes. As primeiras en despedirse son as alumnas das escolas municipais de aeróbic e baile moderno, ximnasia rítmica e patinaxe, que ofrecerán hoxe unha exhibición na que participarán un total de 95 deportistas. O pavillón municipal de Malpica abrirá as súas portas ás 17 horas para recibir ás participantes e a todas as persoas que queiran acompañalas. As primeiras en saír á pista serán as alumnas de aeróbic e baile moderno. Despois será a quenda das de ximnasia rítmica, ás que seguirán as nenas e nenos de patinaxe de Buño e de Malpica. Ao remate, haberá un agasallo para cada participante e unha merenda para todos. Fonte  

Comentarios