Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Visita á base de Protección Civil de Malpica

Visita á base de Protección Civil de Malpica
O xefe provincial do Servizo de Emerxencias, Victor Perez, visitou onte as instalacions de Proteccion Civil de Malpica O xefe provincial do Servizo de Emerxencias, Víctor Pérez, visitou onte as instalacions de Protección Civil de Malpica Dentro dunha rolda de contactos rutinaria, o xefe provincial do Servizo de Emerxencias, Víctor Pérez, e a xefa da área técnica de Emerxencias, María Jesús Leiras, visitaron onte a base da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Malpica. O seu obxectivo era coñecer os medios dos que dispoñen - no pasado mes de febreiro recibiron unha lancha de salvamento -, as súas necesidades e as posibles dificultades ás que se enfrontan no seu labor cotián. Os representantes da administración autonómica estiveron acompañados polo concelleiro de Seguridade e primeiro tenente de alcalde, Miguel Fernández, e polo presidente e o vicepresidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Iván Muíño e Rubén Díaz. “A nosa intención é pulsar como están as 73 agrupacións que temos na provincia, ademais de aproveitar para visitar os GES e os parques de bombeiros”, explicou o xefe provincial, ademais de avanzar a súa intención de realizar novas visitas coincidindo “con operativos programados para ver como traballan e para estar cos voluntarios, porque tamén é unha forma de apoialos”. Campaña de promoción Víctor Pérez comentou ao respecto que o Servizo de Emerxencias ten en marcha nestes momentos unha campaña de promoción do voluntariado, e nese sentido destacou o importante labor que realizan agrupacións como a de Malpica, unha das poucas integradas exclusivamente por persoal voluntario. Ademais de revisar as instalacións e os medios materiais da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Malpica, o xefe provincial do Servizo de Emerxencias recompilou información de cara a elaboración dunha base de datos actualizada que permitirá coñecer en detalle a situación de cada agrupación e a dotación que teñen tanto de medios humanos como materiais. Novas relacionadas Fonte

Comentarios