Martes. 23.04.2024
El tiempo

Unha visita institucional para descubrir o traballo invisible das redeiras

A redeira Veronica Veres explicando o traballo das Redeiras
Verónica Veres explicando o traballo das Redeiras á visita institucional
Unha visita institucional para descubrir o traballo invisible das redeiras
O goberno local agradece a visita da conselleira de Emprego e Igualdade para coñecer o oficio das redeiras O rexedor, Walter Pardo, agradeceu a boa organización da Federación Galega de Redeiras Artesás do Peirao encabezada pola súa presidenta Verónica Veres.

Esta pasada fin de semana Malpica recibiu unha visita instituciona da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. Unha visita enfocada a coñecer de primeira man o traballo diario, e invisible, das redeiras. Verónica Veres, a presidenta da Federación Galega de Redeiras Artesás do Peirao, fixo de anfitrioa, e debullou o traballo fundamental que fan todas estas mulleres para o sector da pesca.

A cargo destas explicacións estiveron, ademais da presidenta da Federación, a presidenta da Asociación de Redeiras Profesionais O Fieital, a tamén malpicá Ángeles Mille Rodríguez, e a vicepresidenta da Federación, a cormelá Rosa Isabel Rodríguez Vidal.

Tanto o rexedor como a presidenta da Federación consideran “fundamental” que as atadoras pasen a formar parte da Lei de Pesca. En palabras do rexedor, isto suporía “que se mirase por este traballo de xeito profesional e que se acadasen unhas mellores condicións laborais para as traballadoras, que realizan estes labores, en moitas ocasións, con condicións meteorolóxicas adversas e sen horarios”. Como coñecedor deste oficio, Pardo ve “prioritario” que se poña en valor e se “recompense” a historia que hai detrás dunha vida como redeira.

Visita conselleira Emprego e Igualdade as redeiras de Malpica

Novas das redeiras

Comentarios